martes, 14 de abril de 2020

Martes 14 de abril

Martes 14 de abril del 2020

  • Plástica e música

Esta semana estas dúas materias van da mesma man!

Imos converternos en artesáns de instrumentos musicais, sí, en esas persoas que ademáis de ser uns verdadeiros artistas que fan increíbles traballos manuais, tamén son artistas musicais. Pensábades que non? Pois deben saber de música, de como funcionan os instrumentos, cal é o seu mecanismo, como deben soar, deben preocuparse tamén de se son cómodos e se lle gustan aos seus clientes… Moitas cousas!

Propoñémosvos construir unha guitarra🎸 con materiais reciclados, non imos poñer fotos para deixar voar a vosa imaxinación (se non se vos ocorre nada podedes buscar en google, hai auténticas marabillas).

Lembrade!!!👀 Primeiro buscar información detallada de como é unha guitarra, as súas partes, a forma…lembrade que é un instrumento de corda… Se conseguides que soe polo menos un poquiño seredes uns auténticos artesáns  de instrumentos.

Tedes toda a semana para facelo, podedes enviar as vosas obras de arte a: segundodeprimariamaristas@gmail.com 📩

Mentres traballades podedes poñer de fondo este rock and roll de MUXÍA, a vaca de Uxía Lambona e a Banda Molona 


A ver quen a aprende de memoria…
    A que mola??? Pois veña a cantar e bailar coma toliños!!! 🎶

  • Lingua
Hoxe traémosvos a historia de Paco Papán. Primeiro escoita 👂a canción con atención e intenta completar as palabras que faltan.


(Pincha na imane para escoltar a canción)


    Paco non fai nada de proveito,
    El só asubía e asubía;
    Súa nai mándao buscar ___________
    E que traia a paga cada día.

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    O luns comezou na xastraría;
    Coseu, coseu, coseu
    E a _________ rompeu.

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    O martes foi a casa duns labregos;
    _________, ___________, _____________
    e o eido enchoupou

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    O ________ quedou co taberneiro
    fregou, fregou, fregou
    e os vasos escachou

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    O xoves decidiu probar na granxa 
    cepillou,cepillou,cepillou
    e o ________ adelgazou

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    O venres foi pola _____________
    serrou, serrou, serrou
    e a mesa esnaquizou

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    O sábado tocou ____________
    amasou, amasou, amasou
    e a artesa rebordou

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán,

    __________ só o enterrador traballa
    cavou, cavou, cavou 
    e a pá escachizou

    Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Paco Papán, Pan Pan

Gustouche? Agora que a tes completa intenta cantala coa música 🎵
Se hai algunha palabra que non coñeces poder buscar o sea significado, coa axuda dun adulto, na seguinte páxina: https://academia.gal/dicionario

Queres saber como remata a historia de Paco Papán📚 ??
Pois escoita o conto completo

Para rematar, escribe unha frase con cada unha das seguintes palabras: asubío, xastre, labrego, taberna e venres.

  • Matemáticas
(pincha en la imagen para acceder al enlace)

¡Vamos a repasar las tablas! En este enlace encontraréis una página con juegos de tablas de multiplicar. Así que... ¡a practicar! 💻 Empieza por la del 1, 2 y 3... Después, puedes seguir practicando. Poco a poco, recuerda que hasta el momento solo hemos estudiado hasta la del tres. Pide ayuda a papi o mami para entrar en la página.


  • Lengua
Os echamos de menos...😍 Y nos acordamos tanto de vosotros que se nos ha ocurrido una ideaza. Nos encantaría que nos escribieseis un mensaje 📩 a través de LC contándonos como ha ido vuestra Semana Santa, que habéis hecho, alguna anécdota... Todo lo que queráis 😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA SEMANA

¿ESTÁIS LISTOS? ¡SÍ CAPITÁN!   ¡NO OS OIGO!   ¡SÍÍÍÍÍÍ CAPITÁN! Úuuuultima semana de curso O s tenemos preparadas unas activid...