¡¡¡Bienvenid@s chic@s!!!
Vamos allá... ¡Qué tengáis un buen día!
EDUCACIÓN FÍSICA
Agora que xa podes saír, aproveita para facer algo de deporte e exercicio físico. Por exemplo: sendeirismo, footing, andar en bici (senón sabes sin ruedines e un bo momento para que probes un pouco), andar en patinete, patinar, xogar cunha pelota, saltar a comba, pasear, xogar con raquetas, cunhas palas,...
O aire libre é o mellor sitio para facer exercicio e deporte.
Recorda manter a distancia de seguridade con outros nen@s e lavarte ben as mans ao chegar a casa.
Estes días, a parte destas propostas ao aire libre, podedes facer algúns dos xogos divertidos para casa . Lembras!!!
1. Xogar os bolos caseiros con botellas de plástico, leite,… vacías e pelotas de tenis.
2. Xogar as películas para practicar a túa expresión corporal.
3. O escondite inglés, un gran clásico dos xogos divertidos para casa.
4. Montar un campo de minigolf na sala de estar (coidadiño non romper nada) Podes usar de pao o da palo da vasoira.
5. Xogo das cadeiras musicais, sustituindo as cadeiras por coxíns.
6. Facer un concurso de caras divertidas. Quen pode por a mellor cara?
7. Camiñar por un cable, unha corda,...polo chan do pasillo. O cable podes facelo cunha cinta, lá,… dalgúnha cor. Para aumentar a dificultade, podes camiñar cos ollos pechados ou levar unha bandexa con vasos de plástico,…
8. Xogar a encestar pelotas de pinpon, de palas ou bolas pequenas de papel, en recipientes de varios tamaños, dende o mais grande (máis fácil) o máis pequeno (máis difícil).
9. Construir un castelo con axuda de libros, caixas de froitas, caixas de zapatos,….
10. Xogar as agachadas coa túa familia.
11.Xogar o enredos se o tes na casa.
12.Xogar o voleibol con globos ou xogar a que non toquen o chan,…
13. Carreiras de animais. Busca o recorrido máis longo que podas na casa. Despexa o camiño e adiante!!! Imita diferentes animais e como se desprazan.
14. Pulso chino: para traballar a forza e a destreza dos pulgares.
AVISO: Unha última cousiña. Poderás conseguir 3 globos para a clase do próximo venres? Se che dan medo, non te preocupes, podes empregar unha ou dúas pelotas de praia (das que se inflan). Senón usa bolas de papel.
LINGUA
Bo día equipazo! Prestade moita atención. Sabedes en que mes estamos? E xa que nos gusta tanto ir de festa en festa… Sabedes que festa é tradicional en moitos sitios de Galicia nesta época do ano?
¡¡¡A FESTA DOS MAIOS!!!
Coñecédela? Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, saen as flores e é tempo para traballar o campo para as futuras colleitas… e iso para un pobo labrego coma o noso foi sempre un motivo de celebración. Así comezou hai moitos anos a festa dos maios en Galicia.
Moitas das celebracións antigamente tiñan o lume como protagonista: acendíanse lumieiras ou fachos e, a través do poder das chamas, afastábanse os inimigos dos cultivos, tanto se eran choivas, como animais, ou mesmo danos producidos polas persoas. Tamén existe a tradición dos ramos, unha das máis conservadas actualmente, que consiste en pór ramas de xesta nos aparellos de labranza, cornos das vacas, casas, etc.
Pero os rapaces e as rapazas coma vós querían festexar a chegada do bo tempo, así como a aparición das flores e froitos, a súa maneira, para iso facían:
· Pequenos ramalletes de flores que nalgúns casos se entregaban a cambio de larpeiradas.
· Arcos de flores: adoitaban ser ramas de árbores adornados con fitas e flores.
· Os Maios: sen lugar a dúbida, actualmente é a festa que segue máis viva. Vestíanse de “Maio”, con roupa branca, cubríndose con follas, ramas e flores. E construían unha estructura con forma de cono, similar a unha árbore, que entre todos adornaban con flores, froitas e ovos…
(preme no vídeo)
Que vos parece se tratamos de facer un maio caseiro? Deixámosvos un exemplo de maio e outra opción para facelo con material de refugallo, por se non tedes opción de conseguir flores e demais material. A tarefa de hoxe consiste en rematar de ler todo, ver os vídeos e pensar e preparar o material que precisas. Despois pouco a pouco podedes ir construíndo o voso maio, non ten que ser todo para hoxe. Cando rematedes podedes enviar unha foto a segundodeprimariamaristas@gmail.com
Como facer un maio con material de refugallo:
Como facer un maio tradicional:
MATEMÁTICAS
Para este fin de semana, os proponemos memorizar un par de tablas más:
¡la del 5 y la del 10!
¿Seréis capaces de saberlas para el lunes?
¡OJO! No las dejéis de lado, puede que, pronto, un día de estos, os toque hacer una
pequeña prueba….
Para ir conociendo estas dos tablas, os proponemos estos ejercicios
(Pincha en la imagen)
SCIENCE
En Science continuamos investigando… agora cos PowerPoint! 💻
Xa practicamos no cole, pero se precisades axuda buscade algún momento no que algún familiar poida botarvos unha man.
Durante esta unidade imos recoller moitos datos sobre a vosa cidade. Pouquiño a pouco faremos unha súper presentación.
Hoxe toca facer a portada (co nome da vosa cidade e algunha foto ou debuxo) e unha ou dúas diapositivas nas que poñades a información que tivéchedes que buscar onte (Mayor and population). Intentade facelo en inglés, se alguén lle resulta moi difícil pode facelo en galego.
Ao finalizar gardade ben o PowerPoint, xa que imos a seguir traballando con el proximamente.
Lembra que podes mellorar a túa presentación colocándolle un fondo, modificando a cor das letras, con imaxes… proba e investiga!
LENGUA
¡Hola! chic@s hoy vamos a repasar ORTOGRAFÍA.
Ya sabéis la importancia de expresarnos bien de manera escrita.
La primera regla que repasaremos es la siguiente:
!!!FIJAOS MUY BIEN!!!
EN ESTE RECUADRO, OS DEJO LA REGLA BÁSICA DE ORTOGRAFÍA R. RR. :
Una vez hemos visto la regla, recuerda lo MÁS IMPORTANTE, la RR siempre va de la mano de dos vocales, una a cada lado.
NO LO OLVIDES!!
Ordena las palabras de las siguientes oraciones, para que tengan sentido, y lee en voz alta una vez las tengas ordenadas. Para diferenciar los fonemas / R /y /R/ doble.
No hay comentarios:
Publicar un comentario