Bo día rapaces e rapazas!!!
Hoxe é un día especial. Imos comezar cunha música que seguro que vos gusta, prestade moita atención ao que di a letra:
VIVIMOS NUNHA TERRA MOI FERMOSA,
A QUE SI?
A QUE SI?
Coma onte foi o día das Letras Galegas e coincidiu en domingo. Decidimos adicarlle o día de hoxe ao autor homenaxeado deste ano, que como xa vistes nos "Bos días" da semana pasada é
RICARDO CARVALHO CALERO
Por se houbo algún despistado, podedes volver a pestana dos "Bos días" ou as clases de galego anteriores e ver as cousiñas que xa vos deixáramos.
Agora traemos unhas actividades sobre o seu conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA, esperamos que vos gusten!
(Preme na imaxe para ver as actividades)
Aquí tedes tamén o conto completo, por se vos apetece volver a escoitalo:
(Preme na imaxe para ver o conto)
Antes de despedirnos retámosvos a pasar o día en GALEGO! Dixéronnos que a última vez o fixerades de marabilla, a ver se vos superades! Tamén temos unha lingua FERMOSA que non podemos esquecer!
Ánimo chic@s!!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario