VENRES 24 DE ABRIL
As tarefas de hoxe, están moi
relacionadas co día tan importante que vivimos onte.
Temos a segunda parte ese
traballo tan marabilloso que preparou María.
Aquí vos deixamos a seguintes
actividades (pincha na imaxe)

Rematamos este venres cos dúas tarefas máis:
E. FÍSICA:
Imos facer exercicio. List@s!!!
1- Como o prometín, aquí o tedes!!!. Intentade seguir a clase que vos preparei!!! Traballaremos: resistencia, forza de brazos e saltos variados.
Escoitade ben as pautas que vos dou no vídeo. Lembra ir parándoo para as repeticións dos exercicios. 8x2 significa por exemplo que tes que repetir 8 veces, parar e volver a facelo 8 veces. Está grabado a modo rápido para que dure menos tempo. Faino a velocidade normal e o número de repeticións que poidas!!!
Material que precisas:
- Botellas de auga medianas. Éncheas según sexa a túa forza.
- Cordas, trapos de cociña, paos de vasoira, cintas, lá gorda,… para crear unha escaleira.
EF resistencia, forza e saltos: https://youtu.be/KX7P3DuMVh4
2- Recorda estirar os teus músculos adecuadamente para rematar a sesión. Podes guiarte por esta táboa.
Para os día de hoxe, propoñémosvos unha tarefa de investigación.
Esta semana aprendemos como era que as plantas alimentábanse, non si? Pois estes días, ides comprobar que son as raíces as que absorben a auga para levala ata as follas.
Para realizar esta investigación precisaredes:
- Unha flor, unha folla de leituga cortada dende a raíz, unha folla de col, de apio ou de porro.
- colorante para tinxir o auga (se non tedes na casa, podedes poñer un pouco de café)
- Un recipiente transparente que vos permita colocar a planta erguida.
Sigue as instruccións para facer os experimentos pinchando na imaxe .
No hay comentarios:
Publicar un comentario