Así que ya sabéis... a disfrutar del Martes!!!
PLÁSTICA
Como xa sabedes esta semana celébrase o día da nai, un día moi especial. Por iso, imos dedicarlles a clase de plástica a elas… Hoxe comezaremos a facer un pequeno agasallo que a partir do XOVES terminaremos, para así poder ter todo listo o DOMINGO, parécevos?
** Importante: antes de comezar, recomendámosvos ler toda a actividade para saber que é o que realmente precisades.
A continuación, deixámosvos unha lista con material que podedes utilizar, non son todos necesarios, propoñemos varios para que poidades elexir:
1. Tarro de vidro ou de plástico, precisamos que a apertura sexa ampla. No caso de usar unha botella, cortala previamente antes de decorar.
2. Lazos, témperas, plastilina, esmalte de unllas, papeis de cores, pegatinas, fíos e todo aquilo que se che ocorra.
3. Tesoiras e pegamento
4. moita, moita, moita ilusión
En esta actividades imos decorar o tarro libremente, imos deixarvos unhas ideas, pero podedes deixar voar a vosa imaxinación... (Lembra que tes ata o xoves)
Exemplo con plastilina
Exemplo con papeis
Exemplo con fíos de lá
Exemplo con témpera
Exemplo con esmalte
LINGUA E MATEMÁTICAS
Hoxe estas dúas materias van da man! Sabedes a razón? Pois porque temos un xogo cooperativo moi molón co que pasaredes un bo rato!
Que tedes que facer?
1. Imprimir as seguintes cartas:
(Preme na imaxe para descargar as tarxetas)
2. Podedes pintalas, recortalas e dobralas á metade (podedes pegalas para que queden como tarxetas).
Unha vez chegados a este punto estamos listos para xogar...
REGRAS DO XOGO:
1. Repartir as cartas entre todos os participantes.
2. Cada un colle as súas mirando os debuxos.
3. O que repartiu colle unha das súas cartas e le o que pon por detrás.
4. Coloca a carta no medio co debuxo cara arriba.
5. O participante que teña a resposta avisa aos demais.
6. Todos comproban que é certo.
7. O dono da carta le o que pon por detrás e a pon no medio co debuxo cara arriba.
8. Así sucesivamente ata rematar as cartas.
9. Se somos capaces de entre todos rematar todas as cartas é que finalizamos o xogo con ÉXITO!!!
A XOGAR❗❗❗
SCIENCE
Que tal o conto de onte? A nós gustounos moito! Agora xa estamos rematando esta unidade. Deixámosvos os tipos de plantas. Invitámosvos a ler o texto en voz alta e prestando moita atención.
🌳 (Preme na árbore)
LENGUA
Hola chic@s!!!!
Seguimos con la animación a la lectura y para que podáis dejar volar vuestra imaginación.
En este caso lo vamos a hacer a través de la comprensión lectora auditiva.
(Pincha en la imagen para ver el cuento)
Prestad atención al cuento que está colgado en el blog y responded las siguientes preguntas:
1.¿Qué animal es el protagonista del cuento?
2.¿Qué característica tiene la protagonista?
3.¿En qué medio de transporte llegó a la ciudad?
4.¿Dónde estaba el cartel que le ofrecía trabajo?
5.¿A qué se dedicó la cucaracha cuando llegó a la ciudad?
6.¿Qué valor crees que nos quiere transmitir el cuento?
7. Escribe todas las palabras que hayas escuchado que tengan el sonido ch
Recuerda que ser diferente es lo que nos hace únicos.
Por último dibuja a “ Tu cucaracha de la mancha” que ni canta ni baila ni le va la marcha.
MÚSICA
E para finalizar o día... chegounos unha sorpresa, feita con moito cariño para os nenos de 2º de primaria do cole Maristas.
Preme na cámara para ver o vídeo 📹
Gustouvos este instrumento de corda? Cantas cordas ten? Como se chama???
BUZUKI!!! Que nome máis raro! E ten 4 cordas dobres!
Marta, que é unha súper artista, cantou unha canción chulísima que agora podedes aprender, di así:
O burro da tía Lola
baila o fandango
nunha perna sola
ai a la la la lala ai a lala
O burro da tía Lola
baila o fandango
nunha perna sola
ai a la la la lala ai a lala
Baila o fandango
e maila muiñeira
e a tía Lola
tamén a peneira
ai a la la la lala ai a lala
Baila o fandango
e maila muiñeira
e a tía Lola
tamén a peneira
ai a la ....
💛💛💛GRAZAS MARTA💛💛💛
Que chula!!! Pois agora, se xa a sabedes de memoria, collede as vosas guitarras e a practicar!!!
Cando teñades todo controlado, podedes gravarvos e mandarnos un súper vídeo cantándoa a segundodeprimariamaristas@gmail.com . Lembrade que podedes aturuxar!!!
ESTAMOS DESEXANDO VERVOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario